JOVEN
- INV:
- 1434
- Año de creación:
- 1915
- Dimensiones:
- 60 x 40 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
A obra encádrase dentro dunha poética modernista onde predomina o sentido decorativo sen esquecer certo halo de romanticismo. A imaxe feminina misteriosa, transformada en fada, en ninfa, en musa, será unha iconografía de éxito nos carteis publicitarios e noutras modalidades plásticas da Cataluña de comezos de século onde o novo estilo terá unha gran difusión.
A importancia de Francesc Galí será fundamental na formación de pintores como Joan Miró debido á súa especial maneira de entende-la arte como algo vivo, traballada directamente do natural, evidente nesta obra na que consegue combina-la sensación de soño con detalles naturalistas que humanizan a moza.
Na composición todo é vaporoso e delicado. Sobre un fondo difuminado de amarelos e verdes disponse unha muller nova e fermosa cun aspecto que recorda a Flora, a deusa romana da vexetación e das flores coas que se adorna. Presentada de tres cuartos, o seu cabelo, longo e rizado, recóllese na noca cara ó lado esquerdo, permitíndonos ve-lo seu esvelto colo.
A perfección da pincelada é imprescindible para outorgarlle corporeidade á figura, captando a brancura e a suavidade da pel, o sensual brillo dos beizos acadado con delicados toques en ton vermello e, sobre todo, as flores, pequenas e silvestres, plasmadas dun xeito impresionista.
Exposiciones
"I Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 5 ó 15 de setembro de 1989. Sala de Exposicións del Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense
Reproducciones
"I Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Caixaourense, Ourense, 1989
"Auria. Revista mensual de Caixa Ourense". Outubro 1997, ano I, nº 6. Contraportada