• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

¡Que olfato tienen los perros!

CASTELAO

¡Que olfato tienen los perros!
INV:
1433
Año de creación:
1915
Dimensiones:
34 x 37 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre papel

Comentarios

Para María Victoria Carballo-Calero, esta é a segunda versión que Castelao realizou sobre o tema da infidelidade conxugal. A primeira versión foi publicada no catálogo-revista da Exposición de Humoristas de Madrid en 1915, existindo unha terceira editada en 1924 no periódico Galicia e unha última publicada como "Cousas da Vida".

Esta lámina, considerada a de maior calidade, revela o mellor do Castelao modernista. Coloreada a tres tintas, destaca o marco circular no que se inscribe o debuxo. Presenta, nun primeiro plano, a figura dun galgo que se adapta perfectamente ó deseño do marco xa que o seu lombo describe un arco ó igual có seu rabo. O can olfatea coidadosamente a un caracol con dous grandes cornos mentres que, ó lonxe, dous personaxes, unha muller nova e un home maior, pasean polo parque.

A cor sométese totalmente ó debuxo, o seu carácter decorativo e ornamental deriva do emprego irreal, ficticio, rexeitando a utilización naturalista das tintas. Combina o negro, o azul turquesa e o branco para crear unha escena coidada, con grande influencia da estampa xaponesa, evidente no gusto pola suavidade de liñas e no xogo de verticais e horizontais. As masas de cor planas, que enriquecen a composición sen a penas suxerir profundidade, continúan a mesma liña de traballo cá levada a cabo nas ilustracións litográficas da "Vida Gallega".

O tono satírico é indubidable, Castelao practica unha ironía fina e elegante onde a gracia e a delicadeza do debuxo van parellas coa metáfora do texto.

Exposiciones

"Castelao. Exposición del 50 aniversario". Do 28 de xuño ao 3 de setembro de 2000 no Museo de Pontevedra, do 15 de setembro al 20 de outubro de 2000 na Sala de Exposicións da Fundación Caixagalicia en Lugo y do 30 de outubro de 2000 ao 20 de febreiro de 2001 en Santo Domingo de Bonaval en Santiago de Compostela.

"Os Castelao de Ourense". Do 15 de marzo ó 15 de abril de 1985. Sala de Exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 de marzo ó 13 de abril de 1986, Real Jardín Botánico, Madrid.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 ó 29 de outubro de 1986. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.

Reproducciones

Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1985, páx. 51.
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1989, páx. 61.
"Castelao. Exposición del 50 aniversario". Fundación Castelao, Caixagalicia, Museo de Pontevedra. Coruña, 2000, páx. 191.
"Castelao. 1886-1950". Ministerio de Cultura, Madrid, 1986.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78