Razones
- INV:
- 1432
- Año de creación:
- 1915
- Dimensiones:
- 33 x 20 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel
Comentarios
O tema principal que aborda a obra é a emigración, a ansia de emigrar provocada polo desexo de abandonar a dura vida do campo.
Segundo Mª Victoria Carballo-Calero, a primeira versión realizada por Castelao sobre este tema viu a luz no nº 65 da Voz de Galicia de Bos Aires, publicada en febreiro de 1915. Esta versión está considerada, cronoloxicamente, como a segunda das catro existentes, sendo a última a publicada no Álbum Nós.
A escena desenvólvese no campo, situando aos personaxes, un pai e un fillo, nun primeiro plano. O pai, amoucado, de face evellecida e enrugada, contrasta co fillo, co rostro de perfil e xesto fachendoso que resume o desprezo que sente ante os intentos de disuasión do seu pai.
O maior rigor descritivo céntrase sobre as figuras concibindo a paisaxe como un fondo contextualizador, podéndose aprecia-las siluetas duns carballos e un hórreo, que marcan a procedencia campesiña dos personaxes. O debuxo, de liña fina, desvela as influencias do deseño xaponés que tende a esquematiza-las formas, revelándose de xeito evidente na paisaxe, no trazo, case caligráfico, das pólas das árbores.
A cor en Castelao funciona como complemento. O negro de fondo distribúese uniformemente, nunha gran masa plana, xerando unha composición que apenas provoca sensacións de profundidade. A paisaxe non distorsiona nin distrae do verdadeiro punto de atención, a figura humana, os protagonistas, acentuando a súa relevancia, acadando unha gran coherencia entre texto e debuxo.
Plasticamente a obra é coidada, mantendo aspectos descritivos e decorativos nun equilibrio que Castelao abandonará na última versión do Álbum Nós, na busca dunha obra cunha maior forza expresiva.
Exposiciones
"Castelao. Exposición del 50 aniversario". Do 28 de xuño ao ao 3 de setembr de 2000 no Museo de Pontevedra, do 15 de setembro ao 20 de outubro de 2000 n
"Os Castelaos de Ourense". Do 15 de marzo ó 15 de abril de 1985. Sala de exposicións de Caixaourense, Torre de Ourense
"Castelao. 1886-1950". Do 3 de marzo ó 13 de abril de 1986, Real Jardín Botánico, Madrid.
"Castelao. 1886-1950". Do 3 ao 29 de outubro de 1986. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.
Reproducciones
"Castelao. 1886-1950". Ministerio de Cultura, Madrid, 1986Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1985, páx. 52
Carballo-Calero Ramos, Mª. V.; "Os castelaos de Ourense". Caixaourense, A Coruña, 1989, páx. 62
"Castelao. Exposición del 50 aniversario". Fundación Caixagalicia. A Coruña, 2000, páx. 181.