• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

LOS ALGUACILILLOS

VICENTE ARNÁS

LOS ALGUACILILLOS
INV:
1389
Año de creación:
1990
Dimensiones:
101 x 81 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre cartón

Comentarios

A atracción que o artista sente polo mundo do toureo é evidente nesta obra suxerente e enigmática na que os alguacilillos son, en realidade, o mesmo personaxe reflectado nun espello.

Vestido co tradicional traxe de alguacil do século XVII, con chambergo de plumas e colo de lenzo branco con reberete de encaixe, o personaxe está acompañado do cabalo, convertido nunha peza de xadrez que simboliza o cabalo real co que realiza o paseo na praza.

A técnica é dunha extraordinaria calidade, acadando vistosos resultados gracias á combinación de diferentes materiais coma o pastel, a acuarela e o gouache, que lle permiten ó autor recrearse nos detalles máis insignificantes, algo evidente nos rostros e nas teas, realizando un debuxo de trazo meticuloso e caligráfico. As calidades, case transparentes, dos xibóns retan ó autor a desprega-la imaxinación e desenvolver, como proxectadas nunha pantalla, novas e surrealistas visións.

A cor concéntrase nas plumas e nos sombreiros que se dilúen e converten en manchas brillantes que se derraman e animan o fondo neutro do cartón, provocando esa fascinación que obriga ó espectador a dedicarlle á obra unha intensa atención.

Exposiciones

"Vicente Arnás. Realismo fantástico". 1995. Sala de Exposicións da Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78