• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETIRANTES NORDESTINOS

VIDAL SOUTO

RETIRANTES NORDESTINOS
INV:
1375
Año de creación:
1986
Dimensiones:
115 x 145 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A obra é un claro exemplo das propostas que o autor presenta a mediados dos anos oitenta, onde presenta unha poética inxenuísta, cunha grande influencia da plástica latinoamericana.

Nunha paisaxe desolada dormen, nun primeiro termo, tres mulleres e un home mentres que, no fondo, vixiados por un burro esgotado e somnolento, dous homes descansan sentados. Dominando a paisaxe, o sol, que alumea con extraordinaria intensidade, transmite unha grande impresión de sufoco e cansazo.

A tea é alegre e colorista, recordando a estética e o sabor do popularismo brasileiro. A necesidade de plasmar a natureza árida e desértica provoca que a vexetación se petrifique, se interprete a través de formas redondeadas e simples, deseñadas mediante unha pincelada miúda, coidada, case caligráfica, que consegue reproducir con minuciosidade os máis pequenos detalles. As cores seleccionadas son fortes e cálidas, captando a riqueza cromática do espacio natural, a temperatura, a calor e, incluso, os distintivos culturais coma as teas, que sitúan á escena nun contexto determinado.

O mesmo cá maioría das súas creacións, a obra centra a súa atención sobre a paisaxe, dirixe unha mirada á natureza, onde, en palabras do propio artista, se mesturan os seus sentimentos entre o “Trópico e Galicia, entre as néboas e o sol”.

Exposiciones

"Vidal Souto. Paisajes del Sertao". Do 16 ó 30 de decembro de 1986. Sala de exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense. Ourense. "II Ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 ó 30 de setembro de 1989. Aula de Cultura de Caixaourense, Ourense.

Reproducciones

"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Caixaourense. Ourense, 1989.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78