PESCADORES MARISQUEANDO
- INV:
- 1372
- Año de creación:
- 1990
- Dimensiones:
- 48 x 68 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
Unha das maiores calidades do autor é a súa capacidade para plasmar a natureza, para captar o intranscendente e reflectir as tarefas máis duras dende unha mirada poética.Un grupo de mariñeiros faenando no mar amósanse enfrascados na dura arte do marisqueo, que esixe unha enorme forza e resistencia. Centrando a composición, nun primeiro plano, un mariñeiro demostra a súa pericia no traballo diario, mantendo o equilibrio sobre a súa fráxil embarcación de ría, Mónica.
Os tons son suaves, os azuis agrisados para o ceo, os brancos para o mar, reservando as cores cálidas, os granates e os rosas para a figura do mariñeiro na súa barca.
A sensación que transmite a escena é de silencio, tranquilidade quietude. É imposible separar o mar do ceo, todo se confunde nun espacio transparente que xera a impresión de que as figuras flotan nun mar sucado de luz e de gaivotas.