• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Balcón

ALEX VÁZQUEZ

Balcón
INV:
1371
Año de creación:
1990
Dimensiones:
46 x 39 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

A obra ofrece unha perspectiva repousada e calmada dun fermoso recuncho da nosa xeografía, o retrato dun edificio cunha visión en ángulo, onde destaca o balcón, de perfil e en alto. Nun primeiro plano sorprende a parede da fachada, que dá paso ó balcón con ménsulas, enreixado e tarros.

Os tons empregados son delicados, como os azuis pastel e os rosas. Os verdes musgo déixanse para imitar os liques que poboan o granito. Xoga cos diferentes tipos de pincelada recreándose nas texturas. A pincelada solta confírelles un aspecto vaporoso ó fondo, ó aire, á atmosfera, captada nunha multiplicidade de tons que lle transmite á obra un aspecto vivo, reservando as impresións máis matéricas para as ménsulas do balcón.

O tema é moi propio do artista cun gran gusto polos detalles arquitectónicos, conseguindo, como sinala Francisco Pablos, "facer un motivo plástico de calquera nadería".



Exposiciones

"Álex Vázquez". Abril de 1990. Sala de Exposicións de Caixaourense, O Barco de Valdeorras.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78