• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CABALLO Y LUNA

ANA LEGIDO

CABALLO Y LUNA
INV:
1355
Año de creación:
1985
Dimensiones:
50 x 68 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel

Comentarios

A figura dun xinete montado sobre un cabalo branco que cabalga pola noite preséntase como un personaxe máxico, nacido da mente fabuladora da artista, príncipe de fantasía e de desexo extraído dos clásicos contos infantís.

O xinete, vixiado pola lúa azulada, vai vestido de época, con sombreiro de plumas e casca axitada polo vento.

O debuxo é transparente, delicado, cedendo o máximo protagonismo ó branco, enriquecido cunhas notas de cor seleccionadas cun gran sentido estético. Os rosas, os azuis e os verdes dominan a composición, dando lugar, tras a súa combinación, a delicados violetas, azulóns e morados que lle confiren harmonía cromática á obra.

As siluetas, case intuídas, do cabaleiro e a súa montura individualízanse do fondo branco mediante un finísimo trazo reforzado mediante pinceladas de rosas e azuis que xeran zonas sombreadas, suxerindo volume nunha feliz combinación de liña caligráfica e mancha de cor.

Exposiciones

"Fernando Quesada-Ana Legido". Do 2 ao 15 de outubro de 1989. Sala de Exposicións de Caixaourense. Edificio Torre de Ourense.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78