Comentarios
Paisaxe organizada, de forma sintética, por unha sucesión de liñas onduladas, que encerran franxas de cores diferentes vermellos, negros, ocres e marróns, cos que modela as formas móbiles das dunas, captando o efecto encantador que a súa morfoloxía impón, con grande dominio da técnica.