Comentarios
A obra está realizada cando Oro Claro comezaba a probar coa cor. Nestas primeiras creacións as pegadas de Pollock e de Lichtenstein están presentes. Constrúe as obras cun automatismo dirixido, respectando o inmediato do momento. Liñas, de grosos variables, crúzanse e encabálganse, con salpicaduras deslizándose sobre un fondo de brochazos que atravesan o campo pictórico de arriba abaixo e de esquerda a dereita, cun ritmo serpeante que deixa a pegada da brocha sobre o papel. Marelos, vermellos e brancos destacan sobre negros e verdosos nunha trama que enche todo o cadro.
Exposiciones
"Oro Claro" Caixa Ourense, Policarpo Sanz, Vigo, 1983.