Comentarios
Un rapaz, descalzo, mal vestido, coa mirada baixa e a gorra entra as mans, escoita as palabras do señor que o amoesta. Ó fondo vese unha cadeira de brazos, unha porta coa cortinaxe e o porteiro uniformado. Nos seus textos e debuxos, con fina ironía, fai unha denuncia de abusos e malos tratos cara ás xentes de estrato social máis baixo.
Bibliografía
"Castelao 1886-1950", catálogo da exposición organizada no centenario do nacemento de Castelao pola D.G.BB.AA. y Archivos, Madrid, 1986, coa obra reproducida na páx. 207.