Comentarios
Constrúe a paisaxe cunha linguaxe depurada, sintética, coa que plasma as luces e as cores da natureza apoiándose nunha estructura debuxística. A materia pastosa e rugosa produce sensacións de modelado que dan solidez a esta vista panorámica na que se articulan vales e ladeiras montañosas cun efecto de escena fragmentaria e fresca, con variantes de tons amarelos, verdes, azuis, grises e brancos.