Comentarios
Formou parte do grupo “Hondo“ ( 1961 ) que afirmaba a adscrición do artista á función social e política da arte. De 1977 a 1982 militou no PCE. O seu espírito crítico e de denuncia social reflíctese nas súas creacións. Duns primeiros momentos abstractos pasa nos 60 e 70 a representar masas de xente anónima que foxen á carreira avistadas como con teleobxectivo cunha linguaxe narrativo novo que se afastaba da expresión realista dos artistas comprometidos politicamente. Xa nos 80 comeza a facer obras de realización minuciosa cunha técnica de “desaparición por difuminado” como el mesmo comenta. Nesta homenaxe a Picasso a xente son só cabezas cun brazo erguido que acenan en posturas contrapostas coa forza dunha linguaxe realista, particular e característico, que a utilización do branco e o negro acentúa.