FANG-3
- INV:
- 1135
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 76 x 56 x 0
- Técnica:
- Litografía iluminada á man
Comentarios
Comezou Guinovart a gaña-la vida traballando como pintor de paredes á idade de 14 anos. Máis tarde ingresou na Escuela de Bellas Artes de La Lonja, de Barcelona, e polos anos 50 dedícase xa exclusivamente á pintura. Daquela pintaba temas campesiños cun estilo realista próximo ás paisaxes de Alberto e Palencia. Despois de estar en París fundou, en 1955, o grupo Tahull con Tharrats, Tápies, Muxart e o filósofo Arnau Puig. Comezou daquela a realizar obras abstractas. Ó redor de 1992 reivindica a cultura popular, a terra e o traballo manual, anque xa no 80 utilizaba o fang, o fango, como símbolo da orixe, e invadía os seus cadros con ocre e marrón. Na obra, iluminada á man, nótase a influencia de Miró.