PERA
- INV:
- 1118
- Año de creación:
- 1979
- Dimensiones:
- 65 x 49 x 0
- Técnica:
- Litografía Prancha: 34 x 24,8 cm Soporte: 65 x 48,5 cm
Comentarios
A obra pertence a unha das series gráficas máis significativas de Maruja Mallo “Homenaje a la Revista de Occidente”. É unha Carpeta de seis litografías realizadas pola pintora, baseadas nalgunhas das portadas da Revista de Occidente que realizou para esta publicación nos anos trinta. Os motivos son froitos e elementos vexetais, de formas sintéticas, cunha orde xeométrica e acento surrealista, cando aínda asinaba María Mallo.