• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

QUATRE COLOURS APARIEN LE MON

JOAN MIRÓ

QUATRE COLOURS APARIEN LE MON
INV:
1115
Año de creación:
1970
Dimensiones:
89 x 62 x 0
Técnica:
Litografía

Comentarios

Comezou Miró a facer obra gráfica en 1928 e 29. É despois da Guerra Civil cando a litografía ten un lugar preferente na súa producción, dedicándose a ela coa mesma intensidade que se se tratara dunha pintura ou dun debuxo. A simplificación das formas, a forza da cor, a valoración do fondo do papel e os seus particulares signos e símbolos entrecrúzanse nun todo plástico e poético que nos remite ó seu particular universo. O negro e o azul nocturno enfróntanse ó vermello e ó marelo, xogando coa estrela, o punto, a lúa e os pelos, algúns dos seus signos característicos. A beleza da obra radica no seu ritmo gráfico e colorístico, no seu impacto visual, alleo ó intento de comprende-lo que representan as imaxes.

Bibliografía

Francisco Rivas e Carlos d’Ors Fuhrer, “Joan Miró, los trabajos en marcha, su vida y su época”, Sarpe 1983; Valeriano Bozal, “Grabado y obra gráfica en el siglo XX” no tomo XXXII, Summa Artis, Espasa Calpe, 1988; Jacques Dupin, “Miró”, Polígrafa 1993; “De Picasso a Barceló”, catálogo da exposición do mesmo título, Caixavigo 1996, coa obra reproducida.

Exposiciones

“De Picasso a Barceló”, itinerante por distintas cidades españolas, 1996-2000, Caixavigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78