HORA INCIERTA
- INV:
- 1097
- Dimensiones:
- 100 x 100 x 0
- Técnica:
- ACRÍLICO / TEA
Comentarios
A obra pertence á última época de Viola, caracterizada polo uso de amarelos entre os que xogan azuis e brancos. É unha pintura instintiva creada con xestos impulsivos que cantan, con liberdade, a verdade interior do pintor. As cores son luces e sombras que crean tensións plásticas. É unha pintura expresiva, apaixonada, que plasma sentimentos e inquietudes que escapan fulgurantes a calquera reflexión. Son os latexos do artista que revela a súa intimidade, buscando o pracer de pintar. O uso da espátula outórgalle espontaneidade á composición.
Bibliografía
Juan Manuel Bonet e Emmanuel Guigón "Viola Esencial", catálogo da exposición onde aparece reproducido en cor.
Exposiciones
“El Paso”, Sala do Banco de Granada 1978; Antolóxica do MEAC de Madrid 1988; "Viola Esencia”), exposición homenaxe con motivo do décimo aniversario do Centro Cultural Caixavigo, 1994.