Comentarios
Arthur´s seat é o outeiro que coroa o parque de Holyrood lugar ben coñecido polos lectores de Scott. O pintor sentíuse especialmente fascinado por esta paisaxe da que fixo unha serie. A pesar do pequeno formato, a composición é de concepción grandiosa. O enfoque do cadro amosa unha panorámica do cume da montaña cunha zona boscosa no primeiro término, na parte inferior da composición. Entre as árbores, por riba das súas copas asoman as torres do palacio, e, á esquerda serpentea un camiño que se perde cara ó fondo. Tintas marelas, alaranxadas, verdes e negras captan as luces e sombras que realzan o espacio deixando reservas de papel branco para os focos de luz máis forte.