Comentarios
O bodegón é un dos temas máis importantes da obra de Castillo, que desenvolve con diferentes elementos e con distintas atmósferas. Unha copa cunha póla e unha maceta cunha planta ordénanse sobre o taboleiro dunha mesa cortada polo vorde infeioir do cadro. O conxunto , executado co modo rápido dun boceto, sobresae encol dun fondo dividido en dous campos cromáticos, o azul e o marrón. O dinamismo da execución, o sintetismo do debuxo e o seu discurso, doado en apariencia, poñen en evidencia a persoal caligrafía do artista.