A Danae
Comentarios
Sobre un fondo entoado nunha cor escura, con manchas, escorregaduras e letras, organízase unha secuencia de pratos semicubertos pola pintura, xogando con pétalos de flores e tallos de rosal. Eriba sobrepóñense campos de tea en "trompelóëil", que simulan collages engadidos á superficie con cintas adhesivas e tacholas. E sobre eles, perfectamente ordenados, tres pratos con rosas. Estas imaxes, reproducidas con grande naturalismo, semellan obxectos reais, que non caen da superficie plana, atraídos polo poder de gravitación que exerce o cadro sobre eles. Este xogo sitúa a obra nunha encrucillada de tradicións artísticas dende a dadá á reivindicación do obxecto do pop, ó que se engade o virtuosismo do artista e a súa fe no debuxo, para face-los obxectos máis inmediatos cá súa presencia real. Esta obra forma parte dun proxecto que comeza durante a súa estadía en Nova York en lembranza de "a lista de schindler".
Exposiciones
"Imaxes da Imaxe", do 7 de setembro ó 12 de outubro na Casa da Parra, Santiago.
Actos inauguración da nova sede da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra. Do 18 ao 29 de xaneiro de 1996. Confederación Provincial de Empresarios, Vigo.
"Quintana Martelo", do 20 de decembro de 2000 ó 30 de xaneiro de 2001 na Casa da Parra de Santiago de Compostela.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester, Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura, Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"Visiones de la Realidad. La segunda Generación". Fundación Caja Vital, Vitoria do 3 de outubro ao 8 de novembro de 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
"Retrospectiva Manuel Quintana Martelo" no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, do 26 de setembro ao 9 de decembro de 2007.
Reproducciones
"Imaxes da Imaxe", Catálogo da exposición.
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 135.