Comentarios
O formato vertical do cadro favorece a perspectiva da paisaxe que nos leva desde o mar, zarrapicado, de pequenas barcas ata aldea que se recorta contra o ceo. Unha barca soa, separada das demais, atrae a nosa atención suscitando evocacións e vivencias. O artista plasma na composición dúas realidades distintas, a xeográfica, que vemos, e a íntima, que reflecte os seus propios sentimentos perante a natureza.
Reproducciones
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 343.