Comentarios
Estamos perante unha vista panorámica dun val que se perde na lonxanía. O artista sitúanos nun escenario impreciso, distante, envolto nunha luz peneirada, con resonancia poética. Invítanos a buscar analoxías coa súa fonte figurativa, brindándonos unha paisaxe de néboas e brétemas filtradas pola luz que cambia a realidade. Do xogo de masas cromáticas avermelladas e verdes trascende ese intre máxico da fantasía.