Comentarios
Manchas e xestos espontáneos invaden a superficie cunha linguaxe da que xorde a poesía. É unha composición aberta, sen límites, que non ten punto de arranque nin final, é coma un fragmento de tecido estampado ou dunha paisaxe traducida en luces, con predominio dos tons rosados propios do solpor. Emprega recursos de "arte otro", deixando á vista os cravos con que se xunta o cartón do soporte ao bastidor, nun intento de integración total da pintura que afecta tanto á materia como ao soporte, sitúandose nunha encrucillada entre Paul Klee e Dubuffet.
Bibliografía
A. González Alegre «Areas de Silencio» páx. 21,22 y 88, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia 1994.