Comentarios
Sobre un fondo ordenado con liñas verticais e horizontais, resalta un bloque arquitectónico que se inclina cara atrás como fundíndose na masa movediza que ocupa o primeiro término.
O contraste entre a quietude e o equilibrio que subliña as coordenadas do fondo, e o tremor que suxire a derruba da volumétrica construcción, crea un ambente inquedante que suxire unha reflexión. A técnica acentúa o carácter apocalíptico da escena, xogando con salpicaduras planas e unha textura avultada, en relevo, que sobresae do plano do cadro, un conxunto harmonizado cun tono encarnado.