Comentarios
Con grande dominio coordina tódolos compoñentes característicos dunha aldea do litoral galego, o mar en primeiro término e casas na beira, agrupadas de xeito escalonado ó pé da montaña que pecha o fondo da composición. Cun efecto de grande espontaneidade, deixa ó descuberto o grafito do debuxo nalgunhas zonas que contrastan con outras de perfecto acabado, conseguindo unha atmosfera nítida, con transparencias que xogan coa reflexión lumínica do branco do papel. Na composición dominan verdes e azuis combinados con ocres, marróns e avermellados.