Comentarios
A composición organízase con formas que evocan os maniquies dunha tenda. Un vestido con chaqueta de lapelas e gravata, outro, sen roupa como unha sombra entre pequenas nubes que tamén flota noutros puntos do cadro. Xoga con chiscadelas irónicas como o toc-toc dun corazón e a dicotomía branco-negro, día e noite, obrigándonos a poñer a imaxinación da nosa parte para soñar. Son imaxes propias dun escaparate urbano que forman parte do repertorio icónico do pop-art.