Redes
- INV:
- 1013
- Año de creación:
- 1994
- Dimensiones:
- 120 x 120 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
A superficie pictórica, construída con dúas teas xustapostas, ténsase con liñas diagonais que se cruzan formando unha retícula que non ten punto de arranque nin remate.O alabeo dos trazos provoca tensións e apunta suxerencias espaciais con medios estrictamente planos. Ó esquematismo e simplificación formal da composición únese o sensual e o romántico que de por si ten a rede como material ambiguo que á vez que apreixa un espacio déixao fuxir creando un vértigo interno con harmonía de azul e negro.
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester, Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura, Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.