Umbra

- INV:
- 1008
- Año de creación:
- 1990
- Dimensiones:
- 97 x 96 x 0
- Técnica:
- Acrílico collage/papel artesán
Comentarios
Cinco soldados de pé, un detrás doutro, alíñanse en diagonal diminuíndo de tamaño a medida que se alonxan e ascenden na composición. Os monecos, sen rasgos nin idade, son o mesmo que se repite cinco veces. Diante dun recadro de papel rasgado destaca un metro semipregado. Unha letra colocada sobre a cabeza de cada unha das figuras individualízaa á vez que racha coa posibilidade dunha repetición infinita ó compoñer unha palabra que dá título á obra.Inevitablemente xorde un diálogo interno entre o espectador e a pintura chea de implícitas connotacións metafóricas. Os soldados e o metro son iconos que o artista repite noutros traballos englobados no proxecto Umbra.
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.