• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MIGUEL ZELADA

Zelada Jurado, Miguel

( A Coruña, 1942 )

Biografía

Aínda que coruñés de nacemento, a súa nenez e mocidade transcorreu en Madrid, onde se licenciou na Facultade de Ciencias Económicas. Volveu á súa cidade natal en 1966 e asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da urbe herculina, aínda que se considera autodidacta. Empezou a expoñer en 1976, na Coruña, e logo estendeu as súas mostras ás diferentes cidades de Galicia, a Asturias e León. A súa consagración chégalle coa mostra que realiza en Madrid na sala Kandinsky en 1980, ano no que tamén está presente nas colectivas que organiza Caixavigo co gallo do centenario da institución. Na obra de Zelada hai unha forte influencia do cubismo rítmico e do simultaneísmo dos chamados por Eugenio d´Ors "de entreguerras". A súa expresión é dinámica, vibrante, absolutamente viva. Debuxante moi seguro, realiza complexas composicións nas que a visión da realidade se simplifica e se fai complexa, aínda que pareza paradóxico, de maneira que o resultado é unha visión coma de caleidoscopio, en xogo de luces e reflexos, ditos en azuis, rosas, carmíns e verdes, de intención moi lírica. Esta pintura, desprovista de cargas ideolóxicas e, por suposto, allea ó informalismo é , sen embargo, considerablemente abstractiva. Nalgúns momentos cabe emparentala coa do marinense sudamericanizado José Solla, se ben Zelada é moito máis barroco. Trátase dun decorativismo trascendido a categoría estética. Quizais hai nel un muralista nato,incapaz de deixar un espacio sen tratamento plástico, aínda que saiba dosificar moi ben os elementos para que non se dea a heteroxeneidade que confunde. O mundo do mar ten neste artista herculino unha referencia constante. Os portos, os barcos, os mariñeiros atoparon na súa leda, multicromática obra unha feliz e moi persoal interpretación. A pintura de Miguel Zelada está moi ben elaborada. Baséase en equilibrados ritmos de liñas, coma se redes imaxinarias sostivesen as súas figuracións insinuadas. Achégase frecuentemente ós temas do mar. As súas paisaxes de portos, con barcos, en azuis, pratas e rosas son dunha auténtica delicia. A súa obra figura en museos de Galicia e en coleccións institucionais.

Bibliografía

-I y II Mostras Unión Fenosa. A Coruña, 1989 y 1991. -Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Arte Gallego en Caixa Galicia. A Coruña, 1990. -Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.

Obra

  • Embarcadero

    Embarcadero 1977

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78