• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

XULIO GIL

Gil Rodríguez, Xulio

( Ourense, 1954 )

Biografía

De pai vigués, a súa infancia e adolescencia transcorren en Vigo. Trasládase a Santiago de Compostela, onde comeza os estudos de Enxeñería para logo licenciarse en Matemáticas; nesta etapa coñece a Antón Rodríguez Casal, quen lle inculca a súa paixón pola prehistoria, e deste xeito xorde a súa relación co universo artístico, que termina de afianzala o seu compañeiro de piso naqueles tempos, Eduardo Grandío. Neses anos, a súa primeira noiva regálalle a súa primeira cámara de fotos de calidade coa que inicia o seu camiño de fotógrafo vocacional ─que compaxinará coa súa profesión como docente de Matemáticas─. Realiza a súa primeira exposición na praza da Princesa de Vigo en 1976; desde entón expuxo o seu traballo en diversas cidades da xeografía galega, Madrid, Valencia, Barcelona ou norte de Portugal. Así mesmo, a súa obra figura en coleccións galegas como a de Afundación ou a do Museo de Pontevedra. Cabe destacar o seu traballo en libros de arte como Vigo: Fronteira do alén, con textos de Xosé Luís Méndez Ferrín, Tigres coma cabalos, con poemas da que foi a súa esposa Xela Arias ou Olores e sabores do saber, con textos de Carlos Casares, así como en libros dedicados á arte galega para Hércules de Ediciones e Nova Galicia Edicións, na colección Artistas Galegos, de tal forma que ten a oportunidade de coñecer de preto un amplo repertorio da arte da súa terra e aos máis relevantes artistas galegos. No ano 2013 concédeselle o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Plásticas e Visuais.        
Afirma Gil: «a arte é comunicación… a obra ten que comunicar visualmente. O que persigo é que produza sensacións»; na súa produción fotográfica asegura xogar cos seus afectos e co que lle afecta. A súa ampla formación artística e gran coñecemento da arte galaico reflectirase nos seus proxectos conceptuais nos que aborda o retrato e o espido, así como a temática natural e vexetal ou os petróglifos; en todos eles mostra a súa persoal mirada. Nas súas imaxes, nas que emprega tanto o branco e negro como a cor, e que afai presentar en dípticos, trípticos ou polípticos, traballa de maneira habitual coas sobreimpresiones e outros recursos, así como con coidadas composicións, que revelan unha gran influencia dos movementos de vangarda do século XX.         
Na Colección Afundación figuran tres obras fotográficas do autor. A máis temperá, titulada Mans III (1987), é unha única peza nun formato de pequenas dimensións. Tanto O millo como en Toxos, flores, fentos están datadas en 2008, presentan un formato de políptico ─a primeira está integrada por 9 e a segunda por 4 pezas─, e pertencen a sériea Retablos esenciais. Nesta serie, o artista trata de dignificar co seu peculiar mirada elementos esenciais da terra e natureza galegas, elementos cotiáns á fin e ao cabo que converte en extraordinarios, como son o millo, os toxos, as flores e os fentos, e para iso baséase nos retablos renacentistas e barrocos da arquitectura relixiosa galaica ─unha tipoloxía de mobiliario litúrxico na que se segue unha orde iconográfica e na que adoita figurar unha devoción principal e ao redor dela diferentes historias relacionadas─ que fotografara para diversas publicacións. Deste xeito, recorre á súa cultura visual e compón en formatos rectangulares unha sorte de retablos, «laicos» ─apontoa Gil─, que enlazan coa súa cultura católica, aínda que asegura non ter fe, e coa súa condición de galego, que destilan beleza e unha impecable técnica.  

Bibliografía

XULIO Gil, Deputación Pontevedra, Pontevedra, 2004.

Obra

  • Toxos, flores, fentos (serie Retablos Esenciales)

    Toxos, flores, fentos (serie Retablos Esenciales) 2008

  • O Millo (serie Retablos Esenciales)

    O Millo (serie Retablos Esenciales) 2008

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78