• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

SUÁREZ- LLANOS

Suárez-Llanos Menacho, José Antonio

( Vigo, 1913 - 1963 )

Biografía

¿Por qué ninguén fala nin aparece en ningún repertorio este pintor excelente?. Dunha coñecida familia da que o apelido é historia da cidade, José Antonio foi un autodidacta que adquiriu extraordinario dominio do debuxo e da cor. Dedicouse a traballos publicitarios nos que deixou mostra da síntese e da elegancia do seu concepto artístico. Celebrou exposicións individuais nas cidades de Galicia, en Bilbao e nas Palmas de Gran Canaria. Concorreu á Bienal Hispanoamericana en Madrid, cando mediaba o século e á colectiva organizada en Sevilla pola Escola de Santa Isabel de Hungría, onde foi premiado. A súa obra figura no Museo de Castrelos e noutros de Galicia. Suárez-Llanos foi un retratista feliz, sobre todo de rapaces, dos que capta a súa dozura de rasgos con felicidade digna do famoso "Marianito" de Goya. As súas paisaxes, en cambio, ambientábanse en mundos laborais de estaleiros e fábricas, en tons terrosos de escasa luminosidade, moi ben compostos. Na última exposición que celebrou en Vigo, na desaparecida sala Velázquez, amosou debuxos con tinta chinesa, feitos con cana, ó modo tradicional, que reiteraban o firme, o excelente debuxante que era. Cando menos cómpre valoralo como retratista, xénero tan pouco cultivado na pintura galega, e do que é un dos seus máximos representantes.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Ilarri Gimeno, Angel: Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978.

Obra

  • Retrato de niña

    Retrato de niña 1958

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78