• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ANTONIO SAURA

Saura Atarés, Antonio

( Huesca, 22 de septiembre de 1930 - Cuenca, 22 de julio de 1998 )

Biografía

Membro dunha familia con inquietudes intelectuais, o seu pai é avogado do Estado e a súa nai pianista, a súa infancia transcorre por mor da Guerra Civil entre Huesca, Madrid, Valencia e Barcelona. Desde moi novo acompaña ao seu pai nas visitas que realiza ao Museo del Prado. A inicios dos anos corenta enferma de tuberculose ósea, e permanece cinco anos inmobilizado. Durante a súa recuperación, en 1947, comeza a pintar e a escribir de maneira autodidacta. En 1950 realiza a súa primeira exposición na librería Libros de Zaragoza. En 1952 e expón na librería Buchholz de Madrid con obras oníricas e surrealistas, ano en que realiza a súa primeira viaxe a París, onde residirá entre 1954 e 1955. Alí entra a formar parte do grupo surrealista do que pronto se distancia. Na capital gala pasará longas tempadas, que alternará con Madrid e Cuenca. Funda en Madrid en 1957 o vangardista grupo El Paso, que dirixirá ata a súa disolución tres anos máis tarde. Ese mesmo ano expón na Galería Stadler, coa que traballará durante o resto da súa traxectoria e cuxo representante será fundamental nos seus logros posteriores. Participa en mostras en Europa, e nos sesenta comeza a expoñer en Estados Unidos, en destacados espazos como o Museo Guggenheim ou na Galería Pierre Matisse de Nova York. A partir deste intre, a súa obra percorre practicamente o mundo enteiro en mostras tanto individuais como colectivas. Ao longo da súa exitosa traxectoria, foi condecorado, entre outros, co Premio Guggenheim de Nova York, a Medalla de Oro a las Bellas Artes de España, e foi nomeado Officier de l'Ordre deas Arts et des Lettres. Está representado en renombradas coleccións, principalmente europeas e americanas, e está considerado un dos máis relevantes artistas españois do século XX. No ano 2006 créase a Fundación Antonio Saura en Xenebra.   
Artista multidisciplinar, cultivou o óleo, acrílico, debuxo, colaxe, grattage, escultura, tapiz, mural ou a vidreira, e cabe destacar a súa prolífica obra gráfica ─que realiza a partir de 1959 e en 1960 intégrase no grupo estampa Popular─ e o seu labor no campo da ilustración de libros. Tamén deseñou escenografías para teatro, ballet e ópera. Desenvolve a súa intensa faceta literaria e teórica de maneira paralela á súa creación plástica. Nos seus comezos mostra un forte vínculo coa poética surrealista, para evolucionar posteriormente cara a un informalismo de acento expresionista, principalmente en tonalidades brancas e negras ─gama que amplía a partir de 1960─, cun forte influxo de mestres da pintura como Rembrandt, Velázquez ou O Greco. Entre 1968 e 1978 abandona a pintura ao óleo para dedicarse á obra sobre papel. Posuidor dun carácter perfeccionista ─en 1965 destrúe un centenar de pinturas e en 1979 un incendio acaba con parte dos seus arquivos e coleccións─ e obsesivo, afirma: «O fundamental é pintar con ollos novos as mesmas obsesións», que no seu caso son o erotismo, a literatura, a relixión, a ditadura, mitos, tradicións, o corpo feminino, Goya… temáticas que compoñen un persoal, inconfundible e dramático universo estético.
A serigrafía Figura (1989) da Colección Afundación pertence a sériea Retratos imaginarios, na que representa nunhas composicións simples moi contrastadas para potencian a forza expresiva aos seus personaxes imaxinados. A súa «capacidade deformatoria» xera figuras case monstruosas, realizadas mediante un trazo violento e unha paleta cromática restrinxida e sombría ─neste caso, grises, negros e ocres─ con trazos distorsionados ─destacan os ollos saltones e a boca dentada─ que parecen lembrar a unha gorgona.   

Bibliografía

ANTONIO Saura. El gesto y la tensión, Fundación Alcort, Binéfar, 2008.

ANTONIO Saura. Retrospectiva, Ediciones del Umbral, Madrid, 2002.  

BOZAL, V.: Arte del siglo XX en España: Pintura y escultura 1939-1990. Tomo 2, Espasa Calpe, Madrid, 1995.

VV. AA.: Diccionario de pintores y escultores españoles del siglo XX. Tomo 13, Forum Artis, Madrid, 1994, pp. 3960-3963.

Obra

  • FIGURA

    FIGURA 1989

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78