• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MIGUEL SACO

Saco Gómez, Miguel

( Ourense, 1956 )

Biografía

Coñecedor profundo dos materiais da escultura, traballou o barro, a pedra e a madeira. O seu afán innovador lévao a se vencellar cos principais movementos vangardistas que xorden en Galicia. A súa aportación á primeira mostra "Atlántica", na Casa da Cultura de Baiona, supuxo unha chamada de atención pola peculiar concepción dos volumes, a partir dunha rigorosa xeometría plana e curva no espacio. Realizou exposicións en diferentes cidades de Galicia e centro de España. Traballa recluído en Vila de Paderne, na súa provincia natal. Saco é un plástico conceptualista, analítico rigoroso, capaz de acadar composicións suxerentes con elementos de simplificación total, nos que a madeira amosa a súa morfoloxía coma se acabase de saír do serradoiro. Por completo afastado de calquera preciosismo hai nel unha libérrima expresión coma de carpinteiro hábil que sabe que canto ensambla queda trascendido polo sopro da creatividade. Posúen obras súas diversas coleccións institucionais e particulares.

Bibliografía

-«Atlántica». Vigo, 1980. -Castro Fernández, J. A.: Atlántica 83. Pontevedra, 1983.

Obra

  • Personaje

    Personaje 1975

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78