• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

TERESA PUY FRAGA

Puy Fraga, Teresa

( Santiago de Compostela, 1972 )

Biografía

Nacida nun ambiente intelectual, seu pai é catedrático da universidade compostelá, sente de moi nova a vocación artística e despois de cursa-lo bacharelato na súa cidade natal segue a carreira de Belas Artes na facultade de Salamanca, na que se licencia. Posteriormente realizou un curso de adaptación pedagóxica na Universidade de Santiago, e conseguiu a bolsa de estudios da prestixiosa fundación Rodríguez Acosta, de Granada, cidade na que participa nunha exposición colectiva en 1991. O ano seguinte expón individualmente na Galería Sargadelos de Santiago, e é seleccionada no concurso Nelson Zúmel, que percorre diversas cidades de Galicia. A Xunta de Galicia patrocina unha mostra de novos pintores galegos, na que participa con Raquel Blanco, Tatiana Medal e Jano Muñoz, en 1996. Teresa Puy é fundamentalmente paisaxista e, en concreto, interesada polas celaxes, que constitúen con frecuencia o único motivo dos seus cadros. Mancha aquilatadamente, con doses considerables de abstracción a partir de referencias tan fugaces como as masas de nubes en días tormentosos. As súas referencias poden se-la gran pintura veneciana e o expresionismo que vai desde a escola alemana á española, con Arias ou Palencia. Ese recurso, en aparencia tan limitado, permítelle á nova pintora a expresión dun mundo persoal, humanizado, en violetas, azuis, brancos, rosas aurorais. As formas adénsanse ou estíranse e cobran humanidade.

Bibliografía

-Catálogo da exposición do Centro Gallego de Madrid do 1996, no que se reproduce a obra. -Rey Souto, Javier A.: Catálogo de mostra colectiva. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1996.

Obra

  • Carballo viejo

    Carballo viejo 1996

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78