• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

JOSÉ FRANCISCO

Pérez Martínez, José Francisco

( A Coruña, 1907 - 1985 )

Biografía

A súa vida está completamente vencellada á cidade herculina, na que gozou de considerable fama e exerceu actividades comerciais que simultaneou coa pintura, a súa verdadeira vocación. Comezou a expoñer en 1946 e desde entón organizou mostras nas principais cidades de Galicia e noutras moitas de España. Participou nos Salóns de Outono. En 1962 obtivo o premio especial de paisaxe no certame organizado pola Deputación provincial, galardón que, acompañado de medalla, repite ó ano seguinte. Está representado nos museos da Coruña e Lugo, entre outros, así como en coleccións institucionais. José Francisco, pois co seu nome unicamente asinaba as súas obras, é fundamentalmente paisaxista que segue os modos do impresionismo tradicional e ten concomitancias, por outra parte case obrigadas, con artistas coruñeses como Francisco Lloréns e Manuel Abelenda. Pintura amable, sen estridencias, de ámbitos galegos do campo ou das rías altas, con mancha solta e boa base de debuxo, desde unha paleta rica e moi grata en verdes, carmíns e grises.

Bibliografía

PLAZA MOLINA, G.: Arte en Galicia: la década del "boom", Ediciós do Castro, Carnoedo, Sada, A Coruña, 1981.

Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

CATÁLOGO del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña I. Pintura y escultura (Tomo 1), Deputación da Coruña, A Coruña, 1991.

Obra

  • Paisaje de la Ría

    Paisaje de la Ría 1960

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78