• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

GUMERSINDO PARDO REGUERA

Pardo Reguera, Gumersindo

( Valgos, A Ribeira, Cervantes, Lugo, 24 de enero de 1847 - A Coruña, 16 de abril de 1916 )

Biografía

Inicialmente, o seu mundo foi moi distinto do plástico, xa que cursou a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago, chegando a ser catedrático de Química na de Granada, tarefa que abandonou para retornar á Coruña onde foi profesor de Física na Escola de Artes Industriais e de Química Popular na de Belas Artes da mesma cidade. A súa afección á arte foi, pese a esta actividade, moi intensa. Participou na Exposición Nacional de Belas Artes en 1895, e na de 1904 logrou mención honorífica. Excelente retratista, de corte moi realista, comparteu esta actividade na Coruña co seu coetáneo Román Navarro. No paisaxismo emparéntase cos modos do astur-galaico Dionisio Fierros. Sen ser un artista excepcional, gozou de renome e prestixio, xa que foi nomeado membro de número da Real Academia de Belas Artes do Rosario, na Coruña, e correspondente da de San Fernando, en Madrid. Conservan obra súa diferentes institucións oficiais, en especial, a Deputación da Coruña, que garda un retrato do rei Alfonso XIII, moi novo, que Pardo Reguera realizou por encargo. Tamén ten obra súa o Museo de Lugo.

Bibliografía

BUGALLAL: Cuatro estaciones y cuatro retratistas de D. Ramón Pérez Costales, Real Academia Gallega, A Coruña, 1956.

CARBALLO CALERO, M. V.: Catálogo de pintura del Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969.

SOBRINO MANZANARES, M. L. y LIANO PEDREIRA: Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña, Deputación da Coruña, A Coruña, 1992.

PANTORBA, B. de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes, Madrid, 1980.

Obra

  • La caravana

    La caravana 1900

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78