• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

SANTIAGO MONTES

Montes Areas, Santiago

( Vigo, 1940 - 13 de noviembre de 2022 )

Biografía

Case por completo autodidacta, traballa en Vigo, onde imparte clases de pintura. Iniciouse no postimpresionismo con paisaxes e bodegóns de adscrición case ortodoxa á dita tendencia. Durante anos viaxou por Europa, residindo longas tempadas en Alemaña. En Heildelberg realizou unha serie de debuxos, de liña romántica, que estendeu a Nüremberg e a outras cidades. En Vigo realizou outro álbum que publicou con éxito. A súa pintura evolucionou cara a modos informalistas nos que milita actualmente. Montes é un temperamento moi sensible, de vea lírica e intimista. Magnífico debuxante, voluntarioso para o exercicio formal da pintura, as súas composicións non figurativas teñen vigor, estructura e un cromatismo quente e moi ben harmonizado. Artista pouco ruidoso, as súas exposicións distáncianse, se ben cando as realiza, coma en Madrid en 1991, sorprende pola súa calidade e polo seu bo facer. Está representado no Museo de Vigo, no de Pontevedra e noutros de provincias españolas. O valor documental dos seus debuxos, feitos a lapis brando, sen dúbida ningunha de extraordinario interese, non lles resta beleza, polo contrario, emparéntaos, e el ben sábeo, cos grandes debuxantes do Romanticismo, en concreto con Urrabieta Vierge, a quen admira.

Bibliografía

-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Ilarri Gimeno, Angel: Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1987.

Obra

  • Centro Cultural Caixavigo

    Centro Cultural Caixavigo 1983

  • Estantería

    Estantería 1973

  • Sin título

    Sin título 1997

  • Paisaje Urbano

    Paisaje Urbano 1973

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78