• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ANTONIO LORENZO

Lorenzo Carrión, Antonio

( Madrid, 5 de septiembre de 1922 - 25 de octubre de 2009 )

Biografía

Antonio Lorenzo está considerado como unha das figuras destacadas da abstracción da década dos anos 50 en España. Formouse inicialmente con Daniel Vázquez Díaz, con quen coincidiu tamén na Escola de Belas Artes de Madrid e, aínda que non se adscribiu a ningún grupo artístico, si colaborou con creadores como Luis Feito ou Guillermo Delgado.

A mediados dos anos 60 comeza a interesarse pola abstracción, logo de coñecer obras de colegas coetáneos norteamericanos ou españois como Gerardo Rueda. Tivo unha relación moi estreita con Fernando Zóbel e traballou con el impulsando o Museo de Arte Abstracta de Cuenca, xunto a Sempere, Torner e Saura. Sen dúbida, é esta unha das etapas máis frutíferas do autor, en consonancia co movemento abstracto que sobresaía, daquela, no panorama da arte en España.

Ademais de no centro conquense, a obra de Lorenzo pode contemplarse no Museo Nacional de Arte Raíña Sofía (Madrid), British Museum (Londres), Brooklyn Museum (Nova York), Museo de Belas Artes de Bilbao, Biblioteca Nacional (Madrid) ou no Museo de Arte Contemporánea de Alacant. Participou frecuentemente en exposicións en cidades como Madrid, Miami, Sevilla, Nova York, Bilbao ou A Habana, debido á súa colaboración con destacadas galerías de arte.

Lorenzo abordou diversas técnicas e interesouse preferentemente pola pintura e polo gravado, que supuxo unha parte moi destacada da súa produción plástica. Exemplo desta última é a obra Figuración, pertencente a esta colección, na que elixe a serigrafía para realizar unha composición abstracta na que introduce motivos da súa cosmogonía persoal con motivos saídos da súa imaxinación nos que confronta o seu microcosmos íntimo e o macrocosmos da natureza e do mundo das máquinas, este último sempre foi un referente na súa produción. Así, sobre un fondo indefinido, resolto en tons neutros grises e ocres, dispersa figuras xeométricas, liñas e puntos realizados en distintas cores como vermellos, azuis ou verdes.

Bibliografía

Obra

  • FIGURACIÓN

    FIGURACIÓN 1984

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78