• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MARCOS JUNCAL

López Juncal, Marcos

( Pontevedra, 1975 )

Biografía

Formado en cantaría, escultura e debuxo na Escola de Canteiros de Pontevedra, Marcos Juncal tamén traballou como asistente dos artistas Francisco Pazos, Silverio Rivas, Francisco Leiro, Manuel Ruibal e Francisco Barón durante a década dos 2000. Abordou diferentes técnicas e materiais como resinas, madeira, pedra ou bronce e buscou aprender de creadores xa consolidados.

A obra de Juncal amosouse en diversas exposicións en cidades como Londres, Palma de Mallorca, Valencia, Madrid, Santiago de Compostela, Lisboa ou Vigo. As súas creacións valéronlle diversos recoñecementos como o Premio Artista Emerxente outorgado pola Revista Cultural Contrastes, a Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra ou o Primeiro Premio Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo. A súa obra pódese contemplar no Instituto Valenciano de Arte Moderna, no Concello de Lalín, na Deputación de Pontevedra ou na Fundación Sedesa de Valencia, entre outras coleccións.

Así mesmo defínese como un artista clásico, interesado polas orixes da arte e polo coñecemento do contorno e os materiais. Son catro as obras de Juncal presentes nesta colección, baixo os títulos Redonda, Trasmallo, Dous cuartos, unha metade e Interior 2, todas da década do 2000. Nelas apréciase o interese deste escultor pola investigación con distintos procedementos, que combina en cada peza. Cun fondo conceptual, as obras de Juncal inclúen moitas veces números, como se aprecia nestas catro, xa que considera que todo se pode codificar e transmitir a través de cifras, desde a natureza á arte. Tamén resulta característico das súas creacións o contraste de gamas cromáticas, nestes exemplos destacan en tres delas un azul saturado e intenso.

 

 

Bibliografía

Obra

  • REDONDA

    REDONDA 2001

  • DOS CUARTOS, UNA MITAD

    DOS CUARTOS, UNA MITAD 2007

  • INTERIOR 2

    INTERIOR 2 2007

  • TRASMALLO

    TRASMALLO 2002

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78