• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

LOMARTI

López Martínez, Juan José

( Lugo, 1957 )

Biografía

Lomarti interesouse desde neno pola creación plástica debido aos xoguetes que saían da carpintaría do seu pai polo que en canto puido ingresou na Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Compaxinou os máis variados traballos cos estudos para poder comprar material co que traballar.

A influencia que desde a infancia exercera na súa formación o obradoiro familiar de carpintaría plasmaríase paulatinamente na súa incursión no ámbito da escultura cun estilo moi persoal. Tendo como referencia a produción de artistas como Warhol, Harin ou Snabel, o artista lucense, desde finais dos anos 70, participou en numerosas exposicións en diversas cidades galegas e españolas.

Lomarti considera que de calquera corrente artística extrae algunha ensinanza que logo pode incorporar á súa produción, desde a abstracción ao minimal, pasando pola pop art ou pola land art. De igual xeito, conclúe que para producir pode empregar os máis variados materiais e de aí que as súas esculturas estean realizadas con madeira, en moitas ocasións policromada, pedra e metal. O autor considera que un dos principais obxectivos da arte é sorprender e para conseguilo emprega calquera recurso que teña dispoñible.

A súa obra pódese contemplar en coleccións como a do Concello de Lugo, a do Concello de Chantada ou a da Deputación de Lugo, entre outras. Así mesmo, realizou proxectos públicos que se poden contemplar no Parque de Escultura de Kwangju (Corea do Sur), no Paseo Fluvial do Barco de Valdeorras (Ourense) ou no Parque Público de Chantada, entre outros lugares.

Na colección de Afundación hai dous exemplos da produción de Lomarti, unha pintura e unha escultura. A primeira, baixo o título Almas humildes, emprega unha técnica mixta, na que a xeito de colaxe sobre unha cartolina dispón diversas imaxes, incluídas en fragmentos xeométricos de fondo branco.

A outra obra é unha escultura realizada en granito, na que as formas abstractas redondeadas suavizan a rotundidade dos volumes. Partes da superficie aparecen policromadas nun intenso negro, algo característico da súa produción na década dos anos 90, período no que se data esta peza, salientándoas e achegando expresividade ao resultado final.

Bibliografía

VV.AA.: A escultura actual en Galicia. Galicia terra única. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1997.

I Mostra Unión FENOSA. A Coruña, 1989.

Obra

  • Sin título

    Sin título 1997

  • Almas humildes

    Almas humildes 1998

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78