Fillo dun artista vallisoletano instalado en Vigo dende a súa mocidade, Eloy Hernández, esmaltista e orfebre, cultivou a súa vocación no taller de seu pai e de seu tío Osmundo e aprendeu a debuxar e a pintar probablemente antes ca ler.
Cursou a carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando de Madrid. Está casado coa pintora Carmen Rojas e é pai do músico que leva o mesmo nome, líder do grupo "Siniestro Total".
Julián Hernández acudiu a exposicións colectivas e está representado nos museos de Pontevedra e Vigo.
Cultiva un paisaxismo de ascendencia romántica e técnica impresionista, baseado nun bo debuxo e nun colorismo moi grato. Os seus traballos en esmalte son magníficos posto que domina por completo unha técnica que, dende o taller familiar e coa firma "Hermanos Hernández", logrou un grande prestixio. Realizou series de debuxos de intención documental sobre pazos e monumentos arquitectónicos de Galicia de grande interese.
-Juaristi, Victoriano: Esmaltes.
Barcelona, Edit. Labor, 1933.
-Pablos, Francisco: Plástica gallega.
Vigo, Caixavigo 1981.
-Ilarri Gimeno, Angel: Catálogo do Pazo Museo "Quiñones de León".
Vigo, Concello, 1978.