• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • ico-home Colección
  • ico-artists Artistas
  • ico-obras Obras
  • ico-prestamos Préstamos
  • ico-shop Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

GONZÁLEZ LAGARES

GONZÁLEZ LAGARES, FRANCISCO

( Vigo, 1944 )

Biografía

A pintura galega, que coñece e analiza constantemente nas súas visitas ó museo da súa cidade natal, condiciona a súa vocación, e, sen dúbida, o seu primeiro concepto plástico. Reside en Vigo ata os quince anos, pois en 1959 a súa familia trasládase a Madrid, onde o nacente pintor continúa a súa aprendizaxe perante os repertorios dos museos do Prado e da Arte Contemporánea. Non obstante, os seus contactos coa terra natal seguen, xa que os veráns pásaos na Ramallosa, onde o seu lapis corre polas follas do caderno captando escenas da vida mariñeira. En certo modo, a súa vida, corre paralela á doutra artista vigués, José Frau, pois, coma este, vai descubri-la paisaxe de Castela, as súas chairas; a ímplicita xeometría dos seus sucos ondulantes nas terras de Guadalaxara. Alterna a aprendizaxe do oficio de pintor nas clases libres da Escola de San Fernando e do Círculo de Belas Artes coa música no Real do Conservatorio, parcela estética que sen dúbida, vai influír nel xa que nas súas composicións hai un ritmo como orquestral, medido na súa aparente despreocupaciòn, axustado a un rigor implícito, propio do cubismo máis ortodoxo, aínda que González Lagares o leva ata un expresionismo lírico. Viaxa por Europa e o norte de África, que conducen a súa retina a un cromatismo quente, ás veces case exultante, malia, que, en definitiva, impere na súa pintura un indeclinable bucolismo que está na súa mente desde a nenez galega. As súas exposicións sucédense, con grande éxito, en numerosas cidades de España. Entra en círculos que non precisan da vangarda estridente para se impor gozando dunha alta consideración entre a crítica máis esixente. Está representado en museos e mais en institucións de España, Centroamérica, Italia e Xapón. Ilustrou libros, coma o do poeta portorriquense Rivera Chevremont, que editou a Xunta de Galicia, figurando na súa pinacoteca. A súa carreira, sempre ascendente, empezou a finais dos setenta. Está en posesión de premios e medallas que obtivo en certames e bienais de toda España. A pintura de González Lagares é unha gabanza de elementalización compositiva, froito dunha longa meditación. Posúe un oficio excelente e é consumado paisaxista e bodegonista. O seu expresionismo, non exacerbado, ten orixes no cubismo e no constructivismo. Acusa, vagamente, influencias que van de Pancho Cossío a Martínez Novillo. As refenrencias formais nas súa pintura son vagas, meramente insinuadas, xeometrizadas, ditas cunha pincelada ancha, vogorosa, aínda que, ó fin e ó cabo, se impregne a obra dun rico lirismo intimista.

Bibliografía

-Antolín Paz, Mario: González Lagares. Madrid, Edic. Fernán Gómez. -Nueve expresiones. Madrid, Edifur, S. A., 1994. -Caruncho, Luis M.: González Lagares. Madrid, Xunta de Galicia, 1994. -VV. AA.: Diccionario de Pintores y Escultores españoles del siglo XX. Madrid, Forum Artis.

Obra

  • Toledo

    Toledo 1994

  • Rupturas

    Rupturas 1995

  • Suspensión roja sobre una mesa de trabajo

    Suspensión roja sobre una mesa de trabajo 1990

  • Naturaleza viva

    Naturaleza viva 1994

Ver todas as obras ico-arrow-right
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2019
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78