• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CARLOS MAÑO

García Ramírez, Carlos

( Zaragoza, 1960 )

Biografía

Carlos Maño estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e na Escola de Artes e Oficios de Vigo entre finais dos anos setenta e 1983, ademais de perfeccionar a súa técnica con Armando Guerra e Guillermo Steingbruggën.

Expuxo en diversas cidades galegas, así como en Madrid, Oporto e Bruxelas, tanto a nivel colectivo coma individual. Artista multifacético, ademais da pintura traballou a ilustración, colaborando na publicación de diversos libros. Así mesmo, realizou varias series de gravados e traballou como deseñador de mobiliario e iluminación para distintas empresas.

Podería dicirse que o estilo pictórico de Maño ao longo da súa carreira está marcado, ata a actualidade, polo expresionismo. No entanto, as dúas obras pertencentes á colección de Afundación, A éxtase do descanso-A danza e Titties and beer, datadas na primeira metade dos anos 2000, caracterízanse pola introdución dunha estética e dunhas organizacións compositivas da estética da arte pop.

Será en 1998 cando Maño comece a utilizar tamén imaxes nas súas obras que manipula dixitalmente. Así, o espectador pode observar unha lata de cervexa da marca Heineken, a reprodución da icónica obra American Gothic, de Grant Wood, ou a inclusión dunha figura feminina con estética pin-up. Cada unha destas referencias está moi influenciada pola linguaxe visual da cultura popular e da publicidade.

A organización do espazo compositivo tamén recorda a pop art, xa que está fragmentado en viñetas acoutadas monocromaticamente polo emprego dunha gama intensa protagonizada por azuis, vermellos, amarelos, verdes e laranxas saturados sobre os que resaltan as imaxes ou os grafismos informalistas que o autor introduce, sen deixar de lado a raíz expresionista das súas creacións, axudándolle a xerar texturas e volumes.

Tras dedicarlle una década a este tipo de combinación destes dous estilos e innovacións técnicas na súa traxectoria, Maño regresaría a un expresionismo abstracto no que a materia adquire un gran protagonismo na súa produción.

 

 

Bibliografía

1996-2006. Carlos Maño. Tránsitos, Deputación Pontevedra, Pontevedra, 2009.

II MOSTRA Unión Fenosa, MACUF, A Coruña, 1991.

 

Obra

  • EL ÉXTASIS DEL DESCANSO-LA DANZA

    EL ÉXTASIS DEL DESCANSO-LA DANZA 2002

  • TITTIES AND BEER

    TITTIES AND BEER 2004

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78