• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CARLOS GARCÍA GONZÁLEZ

García González, Carlos

( Vigo, 1926 )

Biografía

Formouse inicialmente na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal con Vidales Espinosa, Maside e Carlos Sobrino, mestres ós que sempre lembra con agarimo. Despois da guerra civil acode a talleres de escultores para aprende-lo oficio. En 1949 trasládase a París para cursar estudios na Escola Nacional Superior de Belas Artes. Ó ano seguinte instálase en Londres e traballa co escultor Frank Dobson. A súa tarefa de artista desenvólvea na Arxentina onde realiza mostras individuais desde 1949 en Bos Aires, Florida e Mar da Prata. Participa tamén activamente en exposicións colectivas de diversos países. En 1977 puido coñecerse a súa obra, de grande formato e alento, na exposición da Agrupación de Escultores Galegos, que se expuxo no castelo do Castro. A súa obra exhíbese nas Bienais Internacionais de San Paulo, A Habana e Barcelona. No país sudamericano onde reside acada premios importantes. Dedicouse tamén á docencia durante moitos anos no seu taller bonaerense. Unha das súas obras máis coñecidas é o mascarón de proa do buque escola da armada Arxentina "Libertad", que concluíu en 1964 e que admiran en todo o mundo polas constantes viaxes da fragata. Está representado en museos e coleccións de América e España. A escultura de Carlos García González é abstractiva, xeometrizante, con vagos parentescos coa de Chillida, se ben o vigués é máis barroco. Planos, curvas, volumes rotundos en composicións airosas, con grande forza expresiva, sempre con intención do monumental.

Bibliografía

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

Obra

  • El gallo

    El gallo 1980

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78