• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ANDRÉS COLOMBO

García de la Riba, Andrés

( Pontecesures, Pontevedra, 1911 - Valencia, 1991 )

Biografía

A súa nenez transcorre na súa vila natal e en Pontevedra, onde cursa estudios de bacharelato. Inicialmente traballou como empregado de banca. A causa da súa decidida actividade política méteno no cárcere en Santiago, en 1934. Liberado moi axiña, trasládase a Madrid e posteriormente exíliase en Francia. Estivo vinculado a xoves artistas que despois habían de acadar renome coma os irmáns Eugenio e Mario Fernández Granell, Cándido Fernández Mazas e o escritor Eugenio Carré. Os anos da contenda civil e os de posguerra cortan a súa carreira de debuxante que retoma a mediados da década dos sesenta. Realizou exposicións fóra de Galicia, para retornar á súa terra natal e amosa-la súa obra na Coruña e Santiago; posteriormente en Holanda, Nova York, Chicago e diversas cidades dos Estados Unidos. Calificárono de expresionista e surrealista. Cultivou o debuxo preciso, exquisito de execución, en ideacións que o emparentan con modos orientais. Ocasionalmente traballou o gouache, aínda que sempre con deliberadas limitacións no cromatismo, que queda reducido ó gris, branco e negro. É moi escasamente coñecido en Galicia, onde os museos carecen de obra súa. Só figura nos de Lugo e Sada, A Coruña.

Bibliografía

COLOMBO, A.: Documentos para la historia contemporánea de Galicia, Edic. do Castro, 1983, Carnoedo, Sada.

DICCIONARIO de pintores españoles contemporáneos, Edic. Estiarte, Madrid, 1972.

GRAN Enciclopedia Gallega. Vol. 7, Slverio Cañada, Edit., Gijón, 1974.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.

Obra

  • Retrato de mujer

    Retrato de mujer 1970

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78