• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

ALMEIDA

Ferreira de Almeida, Pablo Luis

( Maputo, Mozambique, 1974 )

Biografía

Cursou a carreira de Belas Artes, na especialidade de Pintura, na Facultade da Universidade do Porto, na que se licenciou en 1997. No mesmo centro, impartiu clases como profesor adxunto a partir da devandita data, actualmente na modalidade de Deseño.

Comezou a expoñer en 1995 e conseguiu sucesivos galardóns, como o BCM en Arvore, Porto, e o moi prestixioso Julio Rosende. Cultivou o gravado, que expuxo tanto no Portugal continental coma no arquipélago de Madeira. O seu éxito foi rotundo na segunda edición do Premio de Pintura Eixo Atlántico, que percorreu numerosas cidades de Galicia e Norte de Portugal. Tamén obtivo o de Pintura Vespeira, na bienal de Montijo, e varias mencións honoríficas noutros certames.

Almeida é un artista conceptual, vagamente figurativo, de exquisita factura, en cuxa obra de cabalete se acusa o seu coñecemento do mundo do gravado. Referencias arquitectónicas sitúanse en amplos espazos indeterminables, cunha paleta deliberadamente sobria, case monocroma, en negros e ocres suaves, dende un excelente coñecemento do oficio que lle permite o recreo na levísima materia que aplica aos seus soportes.

Fronte a calquera barroquismo de alarde, este novo artista lusitano aproxímase a unha abstracción refinada, intelectualista, sutil, de grande atractivo e calidade.

Bibliografía

II PREMIO Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, 1997.

Obra

  • SIN TÍTULO

    SIN TÍTULO 1997

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78