CARLOS CREGO
Crego Rodríguez, Carlos
( Vigo, 29 de octubre de 1961 )
Biografía
Empezou a expoñer moi novo,cando aínda non fixera os vinte anos. Alternou as mostras individuais coas colectivas en toda Galicia, Barcelona e Atenas, independentemente e mais na serie que co gallo do seu centenario ofreceu Caixavigo en 1980, Bienal de Pontevedra, Francia, Bélxica, así como as mostras auspiciadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, entre as que estiveron as tituladas "Vexo Vigo", e "A toda vela". A mediados dos oitenta este vigués, xa coñecido no ámbito internacional fixa a súa residencia en Barcelona e participa en numerosos acontecementos do rico mundo artístico catalán, que reafirman a súa fama, o que non impide que sega en contacto coa súa terra natal, en diversas exposicións que se espallan desde galerías particulares a certames coma o de Unión Fenosa, sendo seleccionado na primeira edición en 1989. Carlos Crego sempre cultivou un expresionismo sinóptico, vagamente emparentable coas últimas tendencias do poscubismo, en gammas neutras e axordadas, encol dun excelente debuxo e un sentido da composición e un ritmo moi acusados. A súa mancha é ampla, loada, e ás veces, recorre a modos que o asemellan ó college. Os seus mundos son insinuacións de escenas, preto da figuración malia sen incidir nela e sempre cunha forte carga de abastracción. Figura en coleccións institucinais de importancia e mais en particulares, sobre todo en Cataluña.
Bibliografía
I MOSTRA Unión Fenosa, MACUF, A Coruña, 1989.
PABLOS, F.: Plástica Gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.