• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MARÍA CORREDOIRA

Corredoira y Ruiz de Baro, María del Carmen

( A Coruña, 18 de mayo de 1893 - 17 de noviembre de 1970 )

Biografía

A súa vida trancorreu na cidade herculina, onde traballou nunha pintura de afiliación realista, se ben dotada de evidente espiritualidade. Cun oficio seguro deunos interiores domésticos de luces atenuadas, de veladuras exquisitas, para reflectir un clima de paz. Podería dicirse que nos seus cadros habita o silencio ou, coma no verso de San Juan de la Cruz, aquí a soidade é sonora. Iniciou a súa formación na Coruña baixo a dirección de Enrique Laboret e posteriormente ampliouna en Madrid, con mestres coma Eduardo Chicharro e José María López Mezquita. A súa obra mereceu distincións, coma a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago, en 1926, ademais do feito de que a súa autora fose membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario na Coruña. Non foron moitas as súas exposicións, aínda que os coleccionistas buscan esta pintura verdadeira, íntima, de excelente calidade formal, na que hai un debuxo firme e unha paleta rica e sabia. Está representada nos museos de Galicia. Obras excelentes súas están nos de Castrelos, Vigo e o Provincial de Lugo.

Bibliografía

CARBALLO CALERO, Mª V.: Catálogo de pintura, Junta del Museo Provincial de Lugo, Lugo, 1969.

GRAN Enciclopedia Gallega, Vol. 7, Silverio Cañada, edit., Gijón, 1974.

ILARRI GIMENO, A.: Catálogo del Pazo Museo «Quiñones de León», Ayuntamiento, Vigo, 1978.

PABLOS, F.: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

Obra

  • Retrato de campesina

    Retrato de campesina 1912

  • Lechera

    Lechera 1911

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78