• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

BIEITO VÁZQUEZ

Martínez Vázquez, Bieito

( Bora, Pontevedra, 1925 - Valencia, 27 de octubre de 1998 )

Biografía

Benito Vázquez, tamén coñecido como Bieito Martínez Vázquez, naceu na parroquia pontevedresa de Bora, no seo dunha familia rural e pai canteiro, que de infante trasladouse á parroquia de Mourente, onde transcorre a maior parte da súa nenez. Desde moi cedo destaca o seu interese pola arte, sobresaíndo coas súas habilidades para o debuxo. En 1933 foi diagnosticado con Mal de Pott, unha enfermidade que lle obrigou a permanecer durante uns trece anos internado no hospital antituberculoso de Lanzada. A súa longa estadía neste complexo, permitiulle conformar un período autodidacta e de intensa imaxinación creadora: debuxando de xeito compulsivo centos de composicións mentres recibía clases de cultura xeral e aprendía a tocar a guitarra. Esta experiencia vital marca profundamente a súa sensibilidade artística e humana. 

Tras regresar xunto á súa familia, en 1947 comeza a traballar no estudo do fotógrafo pontevedrés Chao, onde aprendeu o oficio e as técnicas de revelado.  Compatibiliza durante décadas este traballo coa práctica continuada da pintura e a escultura. A pesar da súa prematura introdución ao mundo da arte e a súa madurez pictórica, a súa primeira exposición non se realizou ata 1972, á idade de corenta e sete anos. 

Desde entón, a súa obra adquiriu un rápido recoñecemento, a súa traxectoria está marcada por unha profunda sinceridade expresiva, un forte compromiso emocional coa realidade humana e a procura constante da autenticidade artística. A súa obra afástase das modas e as especulación vangardistas, construíndose desde unha figuración cargada de intensidade poética, onde Galicia, a memoria e a dimensión íntima da experiencia vital ocupan un lugar central. Debido a isto, en 1973 foi seleccionado para a II Bienal Nacional de Arte de Pontevedra; e en 1978 recibiu o Premio Ciudad de Pontevedra polo seu labor artístico, participou tamén na III Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. En 1979, abandonou definitivamente o seu traballo no estudo fotográfico para dedicarse integramente á pintura e ao modelado, iniciando unha etapa de plena madurez creativa que o levou tamén a contextos internacionais como Venezuela. En 1986, Benito intégrase no Grupo Eixo, xunto con outras figuras relevantes como Rogelio Lorenzo, Arturo Cifuentes, Jaime F. Falcón ou Ricardo Ferreiro, un colectivo que se creou co obxecto de fomentar a autogestión artística e fortalecer os vínculos entre os artistas integrantes. 

A pintura de Bieito Vázquez articulase ao redor de dúas tendencias fundamentais: unha vertente serena e silenciosa, e outra de forte intensidade dramática e emocional. Ambas as aparecen unidas por unha mesma vontade de autenticidade e por unha linguaxe plástica profundamente privado. As súas composicións, de gran forza expresiva, están dominadas por unha harmonía cromática contida, construída a partir de ocres, verdes agrisados e tonalidades terrosas que evocan á paisaxe e atmosfera galega, moitas veces acompañadas de figuras  humanas que adquiren unha dimensión metafórica e colectiva. As súas pinceladas son vigorosas e o carácter irregular do trazo transmite esa tensión entre a memoria, a melancolía e a dignidade anecdótica. O seu traballo adscríbese aos programas políticos de compromiso galego desenvolvidos anteriormente por Castelao, Maside e Colmeiro.

Bibliografía

HOMENAXE a Benito Vázquez, Caixa de Pontevedra, Pontevedra, 2000. 

Obra

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78