• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

TOMÁS BARROS

Barros Pardo, Tomás

( Toledo, 3 de febrero de 1922 - A Coruña, 3 de septiembre de 1986 )

Biografía

Artista de profunda formación intelectual, catedrático de debuxo, poeta e autor dramático, ensaísta sobre arte, preocupado polas correntes innovadoras, que analiza minuciosamente na súa obra Los procesos abstractivos del arte contemporáneo.

Traballou fundamentalmente na Coruña, cidade na que residiu moitos anos, entregado á súa diversa tarefa creadora. Vinculado a movementos relixiosos exóticos, de ascendencia oriental, que influíron profundamente sobre o seu pensamento.

Realizou numerosas exposicións individuais en cidades de Galicia e en Madrid e participou en colectivas. Está representado en museos de Galicia.

A pintura de Barros pertence por completo ao máis rigoroso expresionismo, constrúe as súas formas silueteándoas con trazo enérxico e divide os espazos en cores case puras, de maneira que non hai fusións nin veladuras. Preocupado pola figura humana, realizou numerosos retratos, entre eles algúns moi notables de personaxes literarios de Galicia. É evidente que a plástica de Barros é o resultado dunha formación intelectual profunda, sistematizada. Non atopou a apreciación que sen dúbida merece pola súa personalidade diferenciada, rotunda, inconfundible.

 

Bibliografía

Obra

  • PUEBLO

    PUEBLO 0

  • RETRATO

    RETRATO 0

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78